lunes, 11 de febrero de 2013

[Escritos] Alá no monte



"Mellor, que había señoras que só ían ó médico a falar"

Soaba como unha persoa que non quere recoñecer un erro e se autoconvence a si mesmo ou o dicía de verdade? Non houbo unha resposta. As tres persoas que compartían a barra do bar calaron. De incredulidade ou asentemento? Entre elas o fillo, máis vivo ca un raposo que estes cazadores adoitan a perseguir, tamen o ouviu e gardou esta frase dentro do seu maxín que cando es cativo é coma unha esponxa. Dará creto o que seu pai anuncia coma verdade?

Un intre despois aparece un rapaz por unha porta. Pola conversa parece que os rapaces fora compañeiros nunha escola, máis agora o que saíu pola porta cambiouse a outra. Este rapaz vai arrepeinado e cun xarseiciño gris. Nada que ver co chaquetón e estar co seu pai no monte dende a mañá cedo soñando con ter unha escopeta. Tampouco falan o mesmo, pero enténdense, aínda que non parecen amigos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario